08 DE AGOSTO DE 2021
As cadetes e as juniors da Selección de Galicia pecharon este domingo con resultados sobranceiros a súa participación na Vuelta a Cantabria. María Filgueiras, terceira na última xornada, conservou a segunda praza na xeral e adxudicouse a camisola de mellor cadete de primeiro ano. Entre as xuvenís dúas corredoras do combinado autonómico ocuparon postos de Top-10 no I Gran Premio Ayuntamiento de Camargo: Laura Mira cruzou a liña de meta na quinta posición e Claudia García, na oitava.
Os 37 quilómetros que percorreron as cadetes finalizaron coa líder Laia Bosch (Costa Brava) vencendo por diante de Alejandra Puente (Hyunday Koryo Car). A 2 segundos entrou Filgueiras, lucindo o maillot verde de primeira neocadete. Esta terceira etapa non provocou grandes cambios nas clasificacións da Vuelta a Cantabria. Filgueiras mantívose segunda na xeral e a Selección de Galicia rematou terceira por equipos, con Aroa Otero (18ª) e Vania Gregores (36ª) conseguindo tamén completar as tres xornadas desta rolda.
A esixencia dos 66 km que afrontaron as juniors aproveitounos o combinado dirixido por Jose Manuel Abalo para subir un posto na clasificación por equipos e concluír na segunda praza. Esa mellora foi posible grazas á actuación de Laura Mira, Claudia García e Sonía Domínguez, que formaron parte da escasa nómina de ciclistas que alcanzaron a meta: tan só quince.
O quinto posto de Mira non lle permitiu entrar entre as dez mellores da xeral e terminou undécima, dous postos por diante de García. Domínguez fixo 17ª e tamén sumou puntos Carmen Mallo, 24ª.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es