05 DE MAYO DE 2023
A Selección de Galicia DHI cruza a fronteira esta fin de semana, 6 e 7 de maio, para abrir a súa temporada nun evento de clase C1 no calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI). O combinado autonómico de Descenso participará con oito riders na Taça de Portugal Downhill presented by Shimano de Boticas. A lista confeccionada pola seleccionadora Eva Castro para competir no distrito luso de Vila Real é a seguinte:
CADETE M
Xurxo Campos Quintela (Monteneme, C.C.)
Xabi Rial Pola (Bici Verde, C.C.)
JÚNIOR M
Yago Mato López (Compostelano, C.C.)
André Martínez Rodríguez (Avanza-O Porriño, A.D.)
Hugo Rosendo Piñeiro (Cerdedo-Cotobade, C.C.)
Héctor Quinteiro Lorenzo (Pontebike Team, C.)
SUB23 M
Zoe del Río Collazo (XSM, C.C.)
ELITE F
Gemma Chapela Caíño (VK Bikes, C.)
A cuarta cita da Taça de Portugal reunirá a máis de 200 riders, oriundos de preto dunha decena de países. O Descenso terá como escenario unha pista de 2,1 quilómetros cun desnivel de 300 metros. A acción comezará o sábado, coa xornada de adestramentos, e a competición concéntrase no domingo. Ás 12:00 (hora galega) arrancará a quenda de clasificación e a final está fixada para as 15:00 h.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es