17 DE FEBRERO DE 2020
A Federación Andaluza de Ciclismo convoca un curso de Entrenador Deportivo de Ciclismo Nivel 2 ao que poden inscribirse todos aqueles interesad@s que cumpran cos requisitos esixidos.
A formación presencial en Antequera, o sábado 7 de marzo, NON É OBRIGATORIA.
A formación online poderá realizarse entre o 8 de marzo e o 4 de abril. A resolución de dúbidas está fixada para o 14 de abril e o exame para o 25 do mesmo mes.
EXAME EN GALICIA
A Federación Galega de Ciclismo e a Federación Andaluza de Ciclismo chegaron a un acordo para que todas as persoas interesadas no curso de Entrenador Deportivo de Ciclismo Nivel 2 poidan realizar o exame en Galicia na data sinalada, sábado 25 de abril.
O prezo total do curso é de 390 euros para federados con licenza/carné en vigor en 2020 e de 440 euros para os non federados.
Para calquer consulta deben poñerse en contacto coa Federación Andaluza de Ciclismo na dirección electrónica: formacion@
Fai click nesta ligazón para consultar a información completa do curso.
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es