05 DE ABRIL DE 2024
O calendario 2024 de competicións de Enduro en Galicia ponse en marcha esta fin de semana co Endurrazo e o vindeiro sábado será a quenda da formación. O Monte Xalo, no concello coruñés de Culleredo, acollerá o 13 de abril a Xornada de Tecnificación FCG dedicada a esta especialidade do BTT. A seleccionadora autonómica Eva Castro e o seu axudante Luis Manovel dirixirán a unha vintena de riders nun día de adestramento e convivencia.
O planning desta concentración ten fixado para as 10:30 horas a chegada das corredoras e dos corredores das categorías Cadete, Júnior, Sub-23 e Elite. Logo dunha charla que servirá como presentación, traballarase a visualización e os aspectos técnicos no treito coñecido como Vader con explicacións totalmente individualizadas. A paréntese para comer, ao redor das 14:00 h, dará paso a unha sesión de tarde na que se cronometrará o tempo de cada rider no tramo Ratonero. A xornada concluirá cuns tests físicos para medir diferentes parámetros.
Esta iniciativa ten como protagonistas ás promesas do Enduro galego. Trátase dunha oportunidade para valorar o seu nivel e, ao mesmo tempo, axudarlles a progresar da man do equipo técnico da selección autonómica. A Federación Ciclismo Galego quere transmitir publicamente o seu agradecemento á comunidade Monte Veciñal en Man Común 'Xalo' por autorizar a celebración desta actividade nos seus terreos.
Calendario 2024 de Tecnificacións, Campus e citas da Selección
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es