Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada de Tecnificación FCG de Descenso

02 DE MAYO DE 2024

Este sábado no Monte Xalo

Xornada-de-Tecnificacion-FCG-de-Descenso

Foto: Abraham Castro

Un mes despois as Xornadas de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego (FCG) regresan ao Monte Xalo. Se en abril foi a quenda do Enduro, este sábado día 4 a seleccionadora autonómica de especialidades gravity Eva Castro e o seu axudante Luis Manovel traballarán no concello coruñés de Culleredo coas promesas do noso Descenso. Dez riders participarán nesta convivencia que combinará baixadas e análises. 

Ás 10:00 horas darase a benvida á cuarta Xornada de Tecnificación FCG do 2024. A sesión matinal será moi práctica, primeiro con baixadas libres e a continuación realizando repeticións de seccións, que serán gravadas. Ao mediodía farase un alto para xantar.

A tarde comezará coa visualización dos vídeos de cada rider, co obxectivo de aportar consellos e de que se estableza un feedback. As bicicletas volverán lanzarse polo Monte Xalo nunha sesión de adestramento previa á baixada cronometrada. Por último, efectuaranse uns tests físicos para valorar diferentes métricas do rendemento. 

Establecer lazos entre os participantes e comprobar o nivel da nosa canteira atópanse entre as metas que persegue esta iniciativa. Dende a FCG deséxase agradecer unha vez máis á comunidade Monte Veciñal en Man Común 'Xalo' o seu permiso para que unha nova Xornada de Tecnificación teña como escenario os seus terreos. 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es