03 DE MAYO DE 2024
Foto: Concello do Porriño
Esta fin de semana a Federación Ciclismo Galego (FCG) organiza dúas Xornadas de Tecnificación. A do sábado no Monte Xalo estará dedicada ao Descenso e a do domingo en Betanzos terá como protagonista ao pelotón feminina de Estrada. Corredoras das categorías Infantil, Cadete, Júnior e Sub-23 compartirán unha convivencia coa que se busca crear vínculos entre as deportistas, avaliar o seu estado físico e traballar na súa formación.
Preto dunha trintena de ciclistas están citadas ás 10:00 horas na Praza Irmáns García Naveira para iniciar unha programación deseñada e dirixida por Jacobo Ucha, técnico e seleccionador da FCG. Despois da benvida, as corredoras comezarán a darlle aos pedais percorrendo as estradas das comarcas da Coruña e das Mariñas. Unha vez rematado o adestramento, o grupo xantará xunto.
A tarde está reservada ás charlas formativas. A partir das 16:00 h compartirán os seus coñecementos e experiencia a fisioterapeuta Leila Paradela, especializada en solo pelviano e saúde da muller, e a ex ciclista profesional Patricia Roel. A convivencia pecharase ao redor das 18:00 h.
A FCG xa celebrou este ano dúas Xornadas de Tecnificación para o ciclismo de Estrada, unha en Vilagarcía con Sub-23 masculinos e outra en Cambre con corredores da categoría Júnior. Para a realización da actividade deste domingo conta coa colaboración do Club Ciclista Betanzos, do Concello de Betanzos e do IES As Mariñas.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es