Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xa está dispoñible a APP YoSoyCiclista

25 DE ENERO DE 2021

Neste 2021, a Licenza Federativa e o Carnet Ciclista son 100% dixitais. Máis fácil e práctico e sempre ao alcance da túa man na App YoSoyCiclista e na zona privada web da FGC

Xa-esta-disponible-a-APP-YoSoyCiclista-

A Licenza federativa e o Carnet Ciclista son, desde este 2021, 100% dixitais. Máis fácil e máis práctico, pois con só levar o teu  smarthphone contigo viaxas coa túa Licenza Federativa ou Carnet Ciclista a todas partes. Desde hoxe, existen dúas posibilidades para consultar a túa Licenza Federativa ou Carnet Ciclista: entrando na zona privada web da Federación Galega de Ciclismo (FGC) ou a través da App YoSoyCiclista.

 

App YoSoyCiclista

A App YoSoyCiclista, coas súas novas funcionalidades, está chamada a ser unha ferramenta imprescindible para todos os practicantes do ciclismo a nivel estatal. Desde agora, poderás visualizar as túas licenzas ou carné ciclista a través da App YoSoyCiclista con só loguearte e entrar en Licenzas/Carnés. Para poder ver as licenzas de forma actualizada necesitarás conexión, pero a app permitirache, en caso de quedarche sen conexión, volver velas.

Na aplicación, os técnicos responsables dun club poderán ver todas as licenzas do club e equipos co fin de que poidan presentalas nas competicións nas que vaian tomar parte.

Desde a App YoSoyCiclista tamén poderás visualizar a web da Real Federación Española de Ciclismo e a zona privada das Federacións Autonómicas e no futuro irá engadindo funcionalidades que seguro che serán de gran utilidade e que che van a sorprender.

 

Zona privada web da FGC desde un navegador

Para acceder á zona privada web da FGC desde un navegador, unha vez introduzas a dirección web, terás que iniciar sesión pichando na parte superior dereita da mesma. Introduces o teu correo e contrasinal para visualizar o menú de acceso rápida, onde atoparás o botón de licenza ou carné dixital.

Os clubs, desde a súa zona privada, poderán autorizar a un técnico/responsable para que poida visualizar a través da app todas as licenzas do seu club ou equipo, co fin de poder presentalas naquelas competicións nas que pretendan participar.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es