Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Cambios no calendario de Cross Country Maratón

09 DE MAYO DE 2024

A suspensión da Viveiro Bike Xtreme provoca a cancelación da Copa Galicia XCM. O Campionato de Galicia trasládase de Ames á Ruta do Lacón en Cuntis sen variar de data

Cambios-no-calendario-de-Cross-Country-Maraton

O calendario autonómico de Cross Country Maratón rexistra varias modificacións por circunstancias alleas á Federación Ciclismo Galego.

COPA GALICIA

Os cambios comezan no certamen autonómico desta especialidade. A P.C. Gráficas Lar viuse obrigada por motivos organizativos á suspensión da Viveiro Bike Xtreme, que se ía celebrar o 26 de maio. Esta proba era a primeira no calendario da Copa Galicia XCM, unha competición que queda anulada esta temporada ao non poder alcanzarse o mínimo de tres citas. Malia os esforzos realizados non foi posible contar cun terceiro evento puntuable. 

As outras dúas carreiras que formaban parte do calendario, o XCM Condado-Paradanta (15 de setembro) e a XX Marcha Costa da Morte (6 outubro), manteñen as datas inicialmente previstas.  

 

CAMPIONATO DE GALICIA

As coroas do Cross Country Maratón galego ían poñerse en xogo o 9 de xuño en Ames, pero a coincidencia coas Eleccións Europeas provoca que o C.C. Os Esfola Arrós, entidade organizadora, e o Concello de Ames non dispoñan das infraestruturas e voluntarios suficientes para poder sacar a competición adiante. Por este motivo, o Campionato de Galicia trasládase á XI Ruta do Lacon en Cuntis e será o mesmo día, o que permite non cambiar unha data que resulta a ideal deportivamente posto que dúas semanas máis tarde terá lugar o Campionato de España na Lalín Bike Race.

Dende a Federación Ciclismo Galego quere agradacerse a dispoñibilidade e a implicación do Club de Montaña de Xesteiras para aceptar esta proposta malia a escasa marxe de tempo para asumir este desafío organizativo. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es