Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lista do material que Furgoneta Solidaria necesita para enviar bicicletas a Guinea-Bisáu

05 DE JUNIO DE 2021

O prazo para colaborar remata antes de que conclúa este mes

Lista-do-material-que-Furgoneta-Solidaria-necesita-para-enviar-bicicletas-a-Guinea-Bisau

Furgoneta Solidaria actualiza a listaxe do material que necesita para as 60 bicicletas que enviou a Guinea-Bisáu. Os responsables desta asociación galega piden a axuda do noso ciclismo mediante a doazón de compoñentes e ferramentas como cubertas e cámaras; tabúes para a instalación de válvulas; chaves allen, fixas e de parafusos; cadeas; kits de parches... Ao final desta publicación achegamos a lista completa. 

O prazo para colaborar remata antes de que conclúa este mes de xuño. 

Se queres sumarte a esta iniciativa, con material ou cunha aportación económica, contacta con Furgoneta Solidaria a través da súa páxina web (www.furgonetasolidaria.org), do seu correo electrónico (furgoneta.solidaria@gmail.com), do seu Whatsapp (629 050 815) ou nas súas contas de Facebook e Instagram

Máis información sobre este proxecto

DOCUMENTOS ADJUNTOS

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es