15 DE MAYO DE 2023
En relación ao Campionato de Galicia CRI 2023 a celebrarse no concello de Cerceda o próximo mércores 17 de maio, a organización da proba en sintonía co Comité Técnico de Árbitros quere facer as seguintes aclaracións:
-Dada a alta inscripción acadada, as categorías que disputan o percorrido curto (Adaptado, Cadete Fem e Cadete Masc) saíran cada 30 segundos mentres que o resto de categorías que disputan o percorrido longo (Junior Masc, Junior Fem, Master Fem, Elite - Sub23 Masc e Elite Sub23 Fem) sairán de minuto en minuto.
-En relación ao citado anteriormente permitirase levar vehículo seguidor nas categorías que saen de minuto en minuto, sempre que o vehículo esté dirixido por un director deportivo titulado para tal efecto e con licenza en vigor no ano 2023. Dito director deberá aportar os seús datos durante a confirmación das inscrición da proba. Recórdase aos directores deportivos que a distancia mínima entre o ciclista é o corredor será de 25 metros. Está absolutamente prohibido adiantar ao corredor ou poñerse a par del. Por motivos de seguridade, as categorías que saen de 30 en 30 segundos non terán permitido levar un vehículo seguidor.
-Sobre a verificación de bicicletas: Poderanse revisar as bicicletas a partir das 09:45 horas. Os corredores deberán presentarse para a verificación de material e vestimenta polo menos con 10 minutos de antelación, dentro dos cales xa non poderán abandonar a zona de control e saída. Todo corredor ao que se lle detecte algún tipo de material ou vestimenta antirreglamentario non poderá tomar a saída da proba.
-Recórdase que só poderán optar ao título de Campión de Galicia os corredores con licenza expedida pola FCG e que non sexan estranxeiros.
A competición comezará ás 10:00 horas coa entrada en acción de Alberto Abalde (Neuroimpulse-Galicia) na categoría MC2 de paraciclismo. Achégase documento coa orde completa de saída.
CARRETERA
FEDERACIÓN
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es