17 DE AGOSTO DE 2021
Fotos: O Marisquiño
O regreso de O Marisquiño ofreceulle a posibilidade a unha viguesa de volver competir como local nunha proba do calendario UCI Elite Women. Rebeca Dávila participou na final BMX Pro do festival olívico e obtivo a cuarta posición. A rider do Cromoly quedou ás portas de repetir o posto de podio asinado no 2018.
A mellor no park foi a número un desta especialidade en España. A pucelana Teresa Fernández-Miranda venceu cunha puntuación de 81,67, superando á alemá Lara Marie Ertel (77,3) e á madrileña Mar Esquer (65.00).
Os xuíces outorgáronlle un total de 58,67 puntos a Dávila. A viguesa levaba dous anos sen poder amosar os seus trucos no gran evento de deporte urbano da súa cidade. Perdeuse a edición do 2019 ao estar lesionada e O Marisquiño non se puido celebrar no 2020 por mor da pandemia.
O BMX Cromoly si que pisou o caixón no BMX Street Pro. O local Saúl Vilar, de 14 anos, conseguiu a terceira posición.
EVENTOS
BMX
BMX
BMX
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es