18 DE SEPTIEMBRE DE 2024
Á selección española acumúlanselle algunhas das citas máis importantes do ano nos vindeiros días e en tres delas haberá presenza galega. Pablo Rodríguez (Buff-Megamo Team) defenderá as cores do combinado estatal no Campionato do Mundo de Cross Country Maratón (XCM) en Snowshoe (Estados Unidos), o medallista paralímpico Damián Ramos (Lasal Cocinas - Craega) regresa á competición no Mundial de Zúrich e tamén en territorio suízo Saúl Vilar (BMX Cromoly) competirá no Europeo de BMX Freestyle Park.
O primeiro en entrar en acción será o rider vigués. O sub-23 Saúl Vilar, de 17 anos, afrontará a clasificatoria este venres, día 20, na véspera da final do Campionato de Europa que se celebra en Cadenazzo.
O domingo, día 22, chegará a quenda do biker Pablo Rodríguez. O corredor elite de Maceda estréase nun Mundial de XCM. O percorrido de 104 quilómetros alcanza os 2000 metros de desnivel positivo acumulado.
A semana que vén comezará con Damián Ramos disputando a súa especialidade en Zúrich. O luns, día 23, ponse en xogo o título mundial de contra o reloxo individual na categoría 4-5 de bicicleta adaptada, a proba na que o coruñés logrou a medalla de bronce este verán nos Xogos Paralímpicos de París. A carreira en liña está fixada para tres días máis tarde, o xoves 26.
Máis información Mundial Paralímpico
BTT
BMX
BTT
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es