10 DE OCTUBRE DE 2021
Un vigués é o novo rei júnior do BMX Freestyle Park a nivel estatal. Saúl Vilar adxudicouse a vitoria no Campionato de España celebrado este domingo no marco do Madrid Urban Sports. A outra opción galega de medalla, a tamén viguesa Rebeca Dávila, clasificouse cuarta na proba feminina.
Un fabuloso ambiente na zona de Madrid Río – Matadero acompañou a Saúl Vilar, de 14 anos, durante unha competición na que o representante do Cromoly mostrou un fabuloso repertorio de habilidades e trucos sobre a súa bici para facerse co triunfo júnior. O galego sumou 78 puntos, polos 76,8 do subcampión Pau Sala e polos 72 de Marc Díaz, que se levou a medalla de bronce.
Dous días antes, durante a xornada inaugural, Rebeca Dávila quedou a un paso de subir ao podio. A rider olívica ocupou a cuarta praza en Women Park con 52,67 puntos. A defensora do título Teresa Fernández revalidou a coroa acumulando 71,67 puntos, superando a Mar Esquer (58 pts) e a María Vallejo (54,67).
EVENTOS
BMX
BMX
BMX
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es