Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Saúl Vilar competiu coa selección española na Copa do Mundo de BMX Freestyle Park de Bruxelas

12 DE JULIO DE 2023

O rider vigués quedou eliminado na clasificatoria

Saul-Vilar-competiu-coa-seleccion-espanola-na-Copa-do-Mundo-de-BMX-Freestyle-Park-de-Bruxelas

Entre os seis riders que representaron á selección española na Copa do Mundo de BMX Freestyle Park de Bruxelas houbo un galego. Saúl Vilar formou parte da convocatoria confeccionada polo seleccionador Alejandro Alcojor. Medíndose aos mellores especialistas do planeta, o vigués non puido superar a clasificatoria. 

Esta participación nas Urban Sessions da capital belga dá continuidade á presenza de Saúl Vilar, de 15 anos, nos plans do combinado estatal. O prometedor rider do BMX Cromoly xa asistiu o pasado outono a unha concentración previa ao Campionato do Mundo, evento que finalmente non disputou. 

Máis información 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es