Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Miguel Rodríguez, Aroa Otero e Lorena Patiño estarán con España no Mundial de Ciclocrós en Tábor

30 DE ENERO DE 2024

As carreiras sub-23 masculina e júnior feminina dispútanse este sábado

Miguel-Rodriguez-Aroa-Otero-e-Lorena-Patino-estaran-con-Espana-no-Mundial-de-Ciclocros-en-Tabor-

A temporada de ciclocrós 2023-2024 remata cunha nova que reflexa o nivel actual desta modalidade en Galicia. O sub-23 Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) e as juniors Lorena Patiño (XSM) e Aroa Otero (Supermercados Froiz) forman parte da convocatoria confeccionada polo seleccionador español Pascual Momparler para o Mundial que se celebra esta semana, dende o venres ao domingo, no circuíto checo de Tábor. Esta tripla citación pon en valor o traballo realizado polos clubs da nosa comunidade coa base.

As dúas carreiras individuais con representación galega disputaranse o sábado. Ás 11:05 horas arrancará a competición júnior feminina e a seguinte proba no programa é a sub-23 masculina, a partir das 12:30 h. España acode con quince ciclocrosistas á República Checa, onde se espera chuvia nun escenario que xa acolleu este Campionato do Mundo noutras tres ocasións: 2001, 2010 e 2015. 

O ponteareán Miguel Rodríguez xa sabe o que é participar nun Mundial de CX. Fíxoo no 2022 acadando a 24ª praza sub-23 en Fayetteville (Estados Unidos). Pola súa banda, a marinense Lorena Patiño e a porriñesa Aroa Otero -vixentes campioa e subcampioa de España, respectivamente- estréanse no evento máis importante do calendario UCI de ciclocrós. 

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es