Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lara Lois e Pablo Rodríguez concéntranse coa RFEC en Alicante

09 DE DICIEMBRE DE 2020

O seleccionador español de BTT convocounos para participar nunha convivencia que se celebra no marco do Plan Estratégico de Alto Rendimiento y Tecnificación

Lara-Lois-e-Pablo-Rodriguez-concentranse-coa-RFEC-en-Alicante-

O Plan Estratégico de Alto Rendimiento y Tecnificación posto en marcha pola Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) contará esta semana con dous bikers galegos na concentración de BTT que se levará a cabo en Alicante desde mañá xoves, día 10, ata o domingo, día 13. O elite macedán Pablo Rodríguez e a elite grovense Lara Lois, que colleitaron senllos bronces no último Campionato de España de Cross Country Olímpico (XCO), aparecen na citación elaborada polo seleccionador estatal Cristóbal Sánchez.

Os 27 bikers convocados (elites, sub23 e juniors) afrontarán diferentes test que permitirán analizar e evaluar os distintos parámetros da súa saúde e do seu rendemento co fin de implentar deste xeito melloras na súa preparación de cara á temporada que vén, continuando co traballo que se leva realizando desde a inauguración do proxecto a finais do pasado ano. Ademais, tamén recibirán charlas de formación e desfrutarán de encontros con psicólogos deportivos.

 

Máis información

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es