Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O XCO Kiwi Atlántico estreáse no calendario autonómico

24 DE JULIO DE 2021

A cuarta e última proba da Copa Galicia de Cross Country Olímpico disputarase o vindeiro sábado en Ribadumia

O-XCO-Kiwi-Atlantico-estrease-no-calendario-autonomico

O Concello de Ribadumia acolleu a presentación da primeira edición do XCO Kiwi Atlántico, cuarta e última cita da Copa Galicia de Cross Country Olímpico 2021. Ao acto acudiron José Carlos Vila, xerente da firma patrocinadora; Javier Pombo, presidente do Club Ciclista Ribadumia; a secretaria da Federación Ciclismo Galego, Begoña Carpinteiro; e o alcalde da localidade, David Castro.

O peche do certame autonómico de XCO celébrarase o vindeiro sábado, día 31 de xullo, no circuíto situado nas inmediacións da fábrica que patrocina este evento. Terá unha subida dura, e a súa consecuente baixada, e algunhas zonas que esixirán unha boa dose de técnica.

Aberta a inscrición

Os interesados en participar poden anotarse facendo click nesta ligazón. A competición comezará ás 17:00 horas e a entrega de dorsais realizarase dende as 15:30 ata as 18:30.

Copa Galicia XCO

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es