Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A FCG crea a Copa Galicia de Resistencia

07 DE ENERO DE 2022

A primeira proba celebrarase o 23 de xaneiro en Lousame

A-FCG-crea-a-Copa-Galicia-de-Resistencia

O 2022 comeza a rodar cunha importante novidade no calendario autonómico. Nace a Copa Galicia de Resistencia, un novo certame coordinado polo Federación Ciclismo Galego (FCG). A proba inaugural terá como escenario o municipio coruñés de Lousame o vindeiro 23 de xaneiro e xa se abriu o prazo para inscribirse (Fai click neste enlace para anotarte).

O calendario deste circuíto de probas compóñeno catro eventos:

23/1)  3H Resistencia Lousame (BTT O Treito, C.)

30/1) Boiro 3 Horas BTT Non Stop (RSBike Boiro, C.C.)

6/2)  3H BTT Circuíto da Caramiña (Baikers do Vilán, P.C.)

13/2) 3 Horas Resistencia BTT Concello de Muros (Muros, C.C.)

Unha vez se complete este póker de citas, chegará a primeira edición do Campionato de Galicia de Resistencia:

20/2) Campionato de Galicia de Resistencia 3 Horas BTT de Noia (Toxo, P.C.)

 

Categorías, maillots e puntuación

As carreiras desta especialidade do BTT disputaranse sobre un circuíto que cumprirá as condicións de distancia, marcaxe, sinalización e seguridade de calquera circuíto de XCO no que se darán voltas ata completar o tempo de 3 horas.  En cada proba establecerase unha clasificación das seguintes categorías:

-Absoluta masculina

-Absoluta feminina

-Elite/Sub23/Júnior feminina

-Máster feminina

-Júnior masculina

-Elite-Sub23 masculina

-Máster 30 masculina

-Máster 40 masculina

-Máster 50 masculina

-Máster 60 masculina

-Parellas femininas

-Parellas masculinas

-Parellas mixtas 

-Grupo Open

Entregarase maillot de líder soamente aos vencedores absoluto masculino e feminino. O sistema de puntuación será o mesmo que no resto de modalidades do BTT puntuando os 25 primeiros postos de todas as xornadas da Copa Galicia, cun mínimo de tres. A partir de catro probas, descartarase o peor resultado. 

 

 

 

 

 

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es