Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Ortega e Deaño, primeiros líderes da Transgalaica

01 DE MARZO DE 2022

O circuíto de probas XCM abriu temporada en Cerdedo-Cotobade

Ortega-e-Deano-primeiros-lideres-da-Transgalaica-

Foto: Transgalaica

Case dous anos despois do seu último evento, a Transgalaica volveu o pasado domingo. Este circuíto de probas de Cross Country Maratón (XCM) estreouse na 'nova normalidade' coa primeira das cinco citas que presenta o seu calendario 2022. Dous bikers elites, Eva Ortega (Extol) e Rubén Deaño (Ourense Termal), vestíronse as camisolas de líderes no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. 

Dos 350 participantes que completaron os 62 quilómetros de percorrido foi Deaño o primeiro en cruzar a liña de meta. O representante do Ourense Termal impúxose ao esprint a Brais Sendín (Maceda) cun tempo de 2 horas 35 minutos e 35 segundos. O podio absoluto e elite completouno Javier Busto (Extol), terceiro clasificado a 1:06 do gañador. 

Na competición feminina Ortega deu continuidade á xeira de vitorias que asinou no calendario autonómico de Resistencia. A biker do Extol conquistou a primeira Transgalaica do ano cun rexistro de 3:19:50, superando en case 15 minutos á máster Rebeca Muñoz (Xesteiras). Outra máster, Ana María González Cuña (Eduardo Chozas), acadou a terceira praza na táboa absoluta. 

O vindeiro desafío deste certame celebrarase o 13 de marzo no Concello de Ames. 

Clasificación

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es