14 DE SEPTIEMBRE DE 2023
A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, presentou onte a proba ciclista de descenso DH A Fracha, que se celebrará ao longo da xornada do sábado, 16 de setembro, no nomeado parque forestal pontevedrés.
A cita contará con máis de cen participantes, amantes deste tipo de modalidade ciclista, e afondará na idea de ver o monte como un espazo deportivo e de lecer. "Sempre estamos encantadas de traballar con xente que lle quere a esta cidade e que promove eventos deportivos desta clase", explicou a edil. "É un orgullo dar conta de citas que aproveitan os recursos e a potencialidade que temos en Pontevedra".
Gulías subliñou a "boa vontade" dos organizadores para que a proba sexa un éxito, e fai un chamamento a toda a veciñanza para que coñeza A Fracha coa escusa desta competición. "Estou convencida de que seguiremos avanzando nesta dirección, na de posta en valor dos nosos recursos naturais e do noso deporte. Temos compromisos nese sentido e así seguirá sendo".
Os adestramentos realizaranse entre as 10.00 e as 13.00 horas, namentres a proba oficial será desenvolvida a partir das 16.00 e até as 20.00 horas, prometendo ser todo un espectáculo para curiosos e seareiros do deporte.
Desde a organización sinálase que esta é unha das disciplinas "máis espectaculares que pode un atopar". Pola súa banda, o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz, destacou a colaboración do Concello de Pontevedra na realización da proba e definindo ao municipio como "a casa do deporte". Co DH A Fracha a Copa Galicia alcanza a súa terceira e penúltima xornada.
Toda a información sobre o circuíto autonómico de Descenso podes atopala na súa sección dentro desta mesma páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaDHI23.
BTT
SELECCIÓNS
BTT
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es