Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Arias e Mariño representan ao Ultramaratón galego no podio do Campionato de España

21 DE SEPTIEMBRE DE 2023

O corredor do ADO Moure dominou nos máster-60B e o do Sanomedio obtivo a terceira praza máster-30B na MMR Power Race Astorga

Arias-e-Marino-representan-ao-Ultramaraton-galego-no-podio-do-Campionato-de-Espana

Fotos: MMR Power Race Astorga

Preto de Galicia, na provincia de León, disputouse o pasado sábado o Campionato de España de Ultramaratón (XCUM). A MMR Power Race Astorga repartiu as coroas estatais desta especialidade do BTT e dous representantes da nosa comunidade pisaron o caixón nas categorías máster. Constantino Arias (ADO Moure) impúxose no grupo de idade 60B e Sergio Mariño (Sanomedio) fixo terceiro no 30B.

O desafío maragato propuxo un durísimo percorrido de 153,7 quilómetros e 3.600 metros de desnivel positivo acumulado para os homes e de 140 km e 3.300 de desnivel para as mulleres. O primeiro biker masculino galego  foi o elite Alberto Alanís (V Bike), que completou o itinerario nun tempo de 7 horas 3 minutos e 48 segundos xunto ao elite-UCI de estrada Guillermo García (Radio Popular). Ocuparon na táboa absoluta a décimo novena e a vixésima praza, respectivamente, e a décimo terceira e a décimo cuarta na clasificación Elite. 

O terceiro corredor da nosa autonomía que rematou a MMR Power Race Astorga sí que obtivo medalla. Sergio Mariño colgouse o bronce máster-30B ao entrar na meta cun rexistro de 7:08:53 por diante de dous galegos e compañeiros de equipo no Xesteiras. Manuel Casuso finalizou cuarto, quedando a 3'10" do podio, e 49" despois concluíu Jose Carlos Canosa. Neste grupo de idade tamén se meteu entre os dez primeiros Daniel Acebedo (V Bike), asinando o sétimo posto.

imagen 

O outro metal que se veu para a nosa comunidade conquistouno Constantino Arias no grupo de idade dos máis experimentados. O ultrafondista do ADO Moure pedaleou durante 9 horas 11 minutos e 18 segundos, impoñéndose nos máster-60B por 48'31" de diferenza respecto ao manchego Antonio Rumbo (Bicicletas Rumbo) e recibindo no podio a camisola rojigualda de campión de España. 

No resto de categorías rexistráron outras sete prazas top-10 do XCUM galego: sexta posición para a elite Eva Ortega (Extol), sétima da elite Cecilia Abal (Ribadumia), sexta do sub23 Diego Marnotes (Extol), quinta do máster-40A Gonzalo Vidal (Xesteiras), oitava do máster-40A Jorge Lorenzo (Límite Bierzo), sexta do máster-40 B Jorge Novoa (Burgas Bike) e sexta do máster-50A Eladio Ramos (Farto). 

Máis información e clasificacións

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es