28 DE NOVIEMBRE DE 2023
O Pump Track galego non deixa de medrar. O ano no que Galicia estreou a súa Copa, o seu Campionato e a súa Selección desta especialidade remata con outra gran nova: a Copa de España chegará por primera vez á nosa comunidade no 2024. O 22 de xuño Mondariz acollerá a cuarta xornada do certame estatal máis emerxente.
A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEc) aprobou na súa última reunión o calendario da Copa de España de Pump Track. Este circuíto dobrará o vindeiro ano o seu número de citas, pasando de tres a seis. As primeiras camisolas de líderes poranse en xogo o 21 de abril en Premiá de Mar (Barcelona) e dous meses despois os mellores especialistas estatais mediranse no interior da provincia de Pontevedra baixo a organización do PonteBike Team.
Mondariz foi o escenario o pasado mes de agosto do primeiro Campionato de Galicia. A terceira edición do seu Pump Track nocturno volverá supor un fito histórico a nivel autonómico para esta especialidade.
BTT
SELECCIÓNS
BTT
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es