Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Barro darase cita co ciclismo de montaña na súa I BTT Camiños de Barro

05 DE DICIEMBRE DE 2023

O 17 de decembro chega a primeira edición desta marcha

Barro-darase-cita-co-ciclismo-de-montana-na-sua-I-BTT-Caminos-de-Barro

O Concello de Barro prevé acoller a máis de 300 ciclistas de montaña na súa I BTT Camiños de Barro. Unha actividade na que o Goberno municipal leva meses traballando e na que contará coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo, o Club Ciclista Ribadumia, a Deputación de Pontevedra, Supermercados Froiz, Barbería Damián e as CMVMC de Barro, Perdecanai e da Portela.

O ruta vai ter o Pazo da Crega como punto de incio e chegada nun percorrido circular de algo máis de 40 kms e 1200 m de desnivel positivo acumulado. O trazado está deseñado para pasar por distintos lugares e parroquias de Barro, mais terá o monte Acibal como principal protagonista. Tamén haberá unha opción máis curta e con menos desnivel para aqueles participantes que non queiran facer a modalidade longa.

imagen

Será, no propio Acibal, onde o percorrido garde unha sorpresa cunha cronoescalada de 600 metros no coñecido segmento “Inferno de Perdecanai” e no que se repartirán premios aos deportistas máis rápidos das distintas categorías.

As inscricións, que xa están abertas, débense formalizar a través da páxina da Federación Galega de Ciclismo, onde tamén se pode consultar o regulamento.

Fonte: Concello de Barro

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es