Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Alba Fernández e Sergio Veiga despiden a Copa de España de Pump Track como líderes intratables

17 DE SEPTIEMBRE DE 2024

Ainoa Posada e Eva Vilas obtiveron os outros dous títulos galegos. Once representantes da nosa comunidade subiron ao podio no peche do certame estatal en Huércal de Almería

Alba-Fernandez-e-Sergio-Veiga-despiden-a-Copa-de-Espana-de-Pump-Track-como-lideres-intratables

A Copa de España de Pump Track rematou esta fin de semana con dous riders da nosa comunidade marcando os tempos scratch por terceira xornada consecutiva. A júnior Alba Fernández (Val do Ulló) e o sub-23 Sergio Veiga (Pontebike) volveron marcar os mellores rexistros absolutos para poñer a guinda aos seus títulos en Huércal de Almería. A camisola do certame estatal tamén a conquistaron a cadete Ainoa Posada (Lynalfa Ponteareas) e a principiante Eva Vilas (Farto). En total, once pilotos que se desprazaron dende Galicia pisaron o caixón na clausura do curso.

Sergio Veiga e Alba Fernández chegaron á sexta e última cita puntuable coas xerais das súas categorías sentenciadas matematicamente e, do mesmo xeito que aconteceu en Mondariz e en Otívar, foron o rei e a raíña da pista. O sub-23 detivo o cronómetro en 14 segundos e 52 centésimas, impoñéndose por 42 centésima ao cadete aragonés Nicolás Burdio (EAMTB). En canto á junior, marcou na súa volta rápida 16.56, batendo por 74 centésimas á cadete andaluza Paula Baena. 

imagen

O terceiro título da Copa de España 2024 que o noso Pump Track xa tiña garantido era o da cadete Ainoa Posada, segunda na súa categoría en Huércal de Almería e terceira scratch (17.59). O póker de líderes finais da nosa comunidade completouno a principiante Eva Vilas (Farto) grazas ao seu terceiro posto nesta xornada. 

Os outros podios galegos no circuíto almeriense corresponderon ao principiante Leo Díaz (Val do Ulló), segundo nesta proba, mesma posición que na xeral; ao alevín Daniel Díaz (Val do Ulló), tamén segundo nas dúas clasificacións; á infantil Daniela Vilas (Farto), terceira e segunda, respectivamente; ao cadete Sergio Hidalgo (Traviesas), terceiro nesta xornada; ao sub-23 Raúl Gándara (Pontebike), segundo por detrás do seu compañeiro Sergio Veiga en Huércal de Almería e terceiro na xeral; á elite Yuli Rey (Kamikazes), segunda neste evento e terceira no ranking da temporada; e ao elite Fabio Jorge (Pontebike), segundo en ambas táboas. 

imagen

A esta nómina hai que engadir a Arón Porto (Pontebike), terceiro na xeral infantil; a Manuel García (Singletrack), segundo no ranking máster-50, e a Vera Rodríguez (Avanza) terceira na clasificación alevín da temporada. O calendario estatal desta especialidade pecharase a primeira fin de semana de novembro co Campionato de España na cidade alacantina de Torrevieja. 

Máis información

GALERÍA DE FOTOS

Alba Fernández e Sergio Veiga despiden a Copa de España de Pump Track como líderes intratables
Alba Fernández e Sergio Veiga despiden a Copa de España de Pump Track como líderes intratables
Alba Fernández e Sergio Veiga despiden a Copa de España de Pump Track como líderes intratables
Alba Fernández e Sergio Veiga despiden a Copa de España de Pump Track como líderes intratables
Alba Fernández e Sergio Veiga despiden a Copa de España de Pump Track como líderes intratables
Alba Fernández e Sergio Veiga despiden a Copa de España de Pump Track como líderes intratables
Alba Fernández e Sergio Veiga despiden a Copa de España de Pump Track como líderes intratables
Alba Fernández e Sergio Veiga despiden a Copa de España de Pump Track como líderes intratables
Alba Fernández e Sergio Veiga despiden a Copa de España de Pump Track como líderes intratables
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es