Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Saúl López exerce de anfitrión e de gañador na Copa Galicia XCO de Maceda

28 DE MAYO DE 2025

A sub-23 María Filgueiras repetiu triunfo na sétima xornada puntuable

Saul-Lopez-exerce-de-anfitrion-e-de-ganador-na-Copa-Galicia-XCO-de-Maceda

Fotos: Luz Iglesias

A Copa Galicia de Cross Country Olímpico chegou á provincia de Ourense e a calor pediu paso. O termómetro superou os 30 graos o pasado sábado no XVI BTT de Maceda, unha das citas clásicas no calendario de XCO. O club organizador presentábase como invicto na categoría Elite e Sub-23 masculina e mantivo esa condición na sétima e antepenúltima xornada da temporada. 

Despois dunha semana de paréntese, o certame autonómico volveu a escena cunha inscrición que roldou os 200 participantes. Exercendo de anfitrión, o Academia Postal - Maceda obtivo dous triunfos. O equipo local conta coa parella bikers que esta campaña se está repartindo as vitorias na carreira raíña e nesta ocasión ao máis alto do podio subiu Sául López. O monfortino impúxose con 1 minuto e 24 segundos de marxe respecto a Jorge Aguín (Supermercados Froiz) e avantaxou en 3:17 ao seu compañeiro de equipo e líder da xeral Iván Feijoo. Cuarto finalizou o vencedor sub-23 Ricardo Buba (Coruxo), que cruzou a liña de meta xunto ao elite Alberto Pedreira (Bici Verde).

O outro triunfo do Academia Postal - Maceda asinouno o líder júnior Marcos Rodríguez. Coa camisola da Copa Galicia tamén dominaron as súas categorías o infantil Mateo Hermida (Lynalfa-Ponteareas), o cadete Guillermo García (Avanza-O Porriño), o máster-30 José Luis Pereira (Xesteiras) e o máster-50 Antonio Rodríguez (Ourense Termal). A nómina de gañadores completárona o máster-40 Jose Carlos Sanmiguel (Ourense Termal) e o máster-60 Manuel Bugallo (Biciosos-Rías Baixas).

imagen 

Por segunda xornada consecutiva, María Filgueiras adxudicouse a proba sub-23 feminina. A corredora do XSM repetiu o éxito acadado en Ponteareas, superando de novo a Uxía Soto (Extol-Zambora.es) -segunda a 5:25- e á líder Yaiza Vila (Creto Bikes) -terceira a 6:56-. Esta categoría foi á única excepción ao dominio das bikers que encabezan os rankings da Copa Galicia no apartado feminino. A infantil Jimena Novo (Farto), a cadete Iris Santana (Coruxo), a júnior Elba Hermida (Lynalfa-Ponteareas) e a máster-40 Beatriz Vicente (Podium Team) obtiveron vitorias que as achegan aos títulos. 

imagen

A clasificación xeral non rexistra ningún cambio de líder. Os maillots confeccionados por Ottobosley continúan pertencendo a Jimena Novo e Mateo Hermida en Infantil, a Iris Santana e Guillermo García en Cadete, a Elba Hermida e Marcos Rodríguez en Júnior, a Yaiza Vila e Martín Díaz (XSM), a Iván Feijoo e Lara Lois (RG Bikes) en Elite, a Carolina Díez (Creto Bikes) e José Luis Pereira en Máster-30, a Beatriz Vicente e Marcos López (Xesteiras) en Máster-40, a Antonio Rodríguez en Máster-50 e a Óscar Lorenzo (Bici Verde) en Máster-60. 

O premio de mellor equipo da xornada en Maceda correspondeu ao Cambre. A entidade coruñesa ía organizar o seguinte evento da Copa Galicia, este sábado 31 de maio, pero a celebración do XXIV Gran Premio Concello de Cambre de BTT tivo que suspenderse. Polo tanto, o certame que coordina a Federación Ciclismo Galego regresará o 7 de xuño en Poio coa súa oitava e penúltima xornada. 

Toda a información sobre o circuíto galego de XCO podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaXCO25 e na súa sección dentro da páxina web da FCG.

imagen

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

Saúl López exerce de anfitrión e de gañador na Copa Galicia XCO de Maceda
Saúl López exerce de anfitrión e de gañador na Copa Galicia XCO de Maceda
Saúl López exerce de anfitrión e de gañador na Copa Galicia XCO de Maceda
Saúl López exerce de anfitrión e de gañador na Copa Galicia XCO de Maceda
Saúl López exerce de anfitrión e de gañador na Copa Galicia XCO de Maceda
Saúl López exerce de anfitrión e de gañador na Copa Galicia XCO de Maceda
Saúl López exerce de anfitrión e de gañador na Copa Galicia XCO de Maceda
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es