Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Tamara Seijas e Ángel Maneiro manteñen a súa condición de invictos en Cerdedo-Cotobade

30 DE MARZO DE 2026

A elite do Xesteira e o do Toxo dominaron a terceira cita da Transgalaica

Tamara-Seijas-e-angel-Maneiro-mantenen-a-sua-condicion-de-invictos-en-Cerdedo-Cotobade

Fotos: Transgalaica

Este domingo viviuse unha intensa xornada de BTT nos montes do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade coa celebración da terceira proba do calendario da Transgalaica 2026. E é que máis de 250 ciclistas déronse cita nunha proba que, ademais, poñía en xogo o XVI Trofeo Concello de Cerdedo-Cotobade. O percorrido constou de dúas voltas ao redor dun circuíto que arrincou en Carballedo e atravesou algúns dos lugares máis emblemáticos da zona como a Calzada Romana, o Monte Coirego ou o carreiro Foxo do Lobo.

En total foron 64 quilómetros de competición cun desnivel positivo duns 1.400 metros. O maratón arriancou ás 9.30 e culminou sobre as 13.30 cunha entrega de premios que tivo como protagonistas a Tamara Seijas (Xesteiras) e a Ángel Maneiro (Toxo), líderes invictos da Transgalaica. O gañador masculino completou o percorrido en 2 horas 50 minutos e 2 segundos, impoñéndos por diante do tamén elite Samuel González (2.53:35,7). O máster-30 Manuel Ángel Parada (2.53:36) fixo terceiro. Na categoría feminina, as tres primeiras foron corredoras da categoría Elite e Sub-23. Tamara Seijas (3.31:17,1) anotouse o triunfo, Noa Rodríguez (3.36:32) rematou segunda e Raquel Román (3.38:00), terceira. 

imagen

As clasificacións da Transgalaica do Futuro encabezáronas Lía Rodríguez (Creto Bikes) e Víctor Riveira (Xesteiras). Por equipos, dominou o Club de Montaña Xesteiras, co Extol MTB Team e o Team Newbikes ocupando a segunda e a terceira praza, respectivamente. 

A vindeira cita do circuíto Transgalaica chegará o 26 de abril na localidade lucense de Friol.

Clasificación

Fonte: Pontevedra Viva

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es