Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Mesneiro vence en Chantada e o Norinver sela o seu triplete na xeral da Volta a Lugo Máster

11 DE ABRIL DE 2021

Eladio Jiménez defendeu con éxito o maillot de líder por diante dos seus compañeiros de equipo Samuel García e Damián Ramos

Mesneiro-vence-en-Chantada-e-o-Norinver-sela-o-seu-triplete-na-xeral-da-Volta-a-Lugo-Master-

Unha chegada ao esprint en Chantada puxo o punto final este domingo á Volta a Lugo Máster, a primeira proba competitiva celebrada nas estradas de Galicia no 2021. O máster-40 asturiano José Ignacio Méndez 'Mesneiro' (Garaje Paco) fixo valer a súa punta de velocidade no desenlace dunha etapa que non provocou cambios nos primeiros postos da xeral. O tamén máster-40 Eladio Jiménez (Norinver) conservou o maillot de líder por diante dos seus compañeiros de equipo Samuel García e Damián Ramos.

Os 70 quilómetros con inicio e final e Chantada completáronse a gran velocidade. A cabeza de carreira presentouse en menos dunha hora e media na recta de meta, onde Mesneiro bateu a Pablo Rodríguez (Kaphé Cycling). A 2 segundos dos dous primeiros clasificados entrou Juan José Álvarez Cerdeira (Máster da Louriña) dando tempo a outros 40 corredores, un deles o líder. 

Vencedor dos dous sectores da primeira xornada, o exprofesional salmantino Eladio Jiménez adxudicouse a xeral con 14 segundos de marxe respecto ao máster-30 e primeiro galego Samuel García. O mellor clasificado máster-50/60 foi Juan Manuel Toribio (Debra), décimo terceiro na táboa absoluta. 

O Chantadino Máster Team rematou moi satisfeito como organizador deste evento, en especial coa estrita aplicación do protocolo contra a covid-19. Os tests de antíxenos obrigatorios e o resto de medidas sanitarias crearon unha burbulla coa que se procurou reducir ao máximo o risco de contaxio.

Clasificación

 

 

 

Clasificacións

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es