11 DE JULIO DE 2021
As carreiras en liña abriron este sábado en Valladolid o Campionato de España Máster de estrada e, ademais de varios postos de Top-10 masculinos, o ciclismo galego acadou unha medalla feminina. Eva Ortega (Biciosos-Rías Baixas) xogouse ao esprint o título máster-30B e tivo que conformarse coa medalla de prata.
Tras 74 quilómetros de percorrido, con saída e chegada na capital pucelana, Ortega finalizou co mesmo tempo que Cristina Barrado (Francisco Pizarro), a vencedora da súa categoría.
En canto aos grupos de idade masculinos, Iago Alonso (Chantadino) fixo noveno máster-30B ao remate de 114 km, mesma distancia na que Iván Vidal (Lasal Cocinas-Louriña) clasificouse oitavo nos máster-40B e José Antonio Pazos 'Ñaka', undécimo. Pola súa banda, Manuel Prieto (Norinver) asinou a sétima praza entre os máster-60A nos 74 km que completaron os ciclistas máis experimentados.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CARRETERA
CARRETERA
FORMACIÓN
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es