Presentación da 26ª Vuelta a la Comarca Brigantina - Campionato de Galicia de Estrada Elite-Sub23

29 DE ABRIL DE 2022

O domingo 8 de maio en Betanzos

Presentacion-da-26-Vuelta-a-la-Comarca-Brigantina---Campionato-de-Galicia-de-Estrada-Elite-Sub23

           Este mediodía era presentado no salón azul do Edificio Liceo de Betanzos, a 26ª edición da Vuelta a la Comarca Brigantina, proba que ademais albergará o domingo 8 de maio o Campionato de Galicia de fondo en estrada para a categoría Elite-Sub23.

          Coa presenza da alcaldesa de Betanzos, María Barral, o concelleiro de deportes, Andrés Hermida, Roberto García xefe de servizo da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Juan Carlos Muñiz presidente da Federación Ciclismo Galego, Fran Brea en representación do Club Ciclista Betanzos, o xefe do operativo de seguridade da proba do subsector de tráfico da Coruña, representantes de Protección Civil, Moto Volta e representantes de Supermercados Gadis e Hyundai Hyufersa Finisterre Motor, como patrocinadores do evento. Dábase a coñecer o percorrido da proba, que sobre a base do percorrido do ano anterior volverase a un percorrido circular de 146 km e 2.400 metros de desnivel acumulado con pasos polos  concellos de Betanzos, Bergondo, Miño, Pontedeume, Monfero,  Vilarmaior, Irixoa, Paderne e Coirós. Tres portos de montaña, Taboada, San Cosme e  Villozas, dúas metas volantes en Bergondo e Miño e un Sprint Especial en Betanzos, farán da Comarca unha carreira selectiva onde o montante de premios a repartir aproxímase aos 900 €.

          Con 7000 € de orzamento e un dispositivo humano de ao redor das 200 persoas, farán que a Comarca faga brillar este ano a un Campionato de Galicia que coroará no alto do Castro de Untia, en pleno centro histórico de Betanzos, ao campión galego da especialidade, a imaxe das grandes clásicas europeas.

          Con 195 corredores rexistrados, 73  elites e 122 sub-23, entre os que destacan dous nomes propios, Alberto Lendoiro, do  Retelec  Cycling Galicia e Javier López,do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, os dous formados na escola do Club Ciclista Betanzos, algo que nos enche de orgullo como club de escolas que somos, e 27 nacionalidades representadas nunha inscrición que xa roza o máximo de 200 corredores.

 

En canto a equipos confirmados, dezanove formalizaron xa a súa inscrición:

10 galegos: Aluminios Cortizo, Vigo Rias Baixas, G.D. Supermercados Froiz, Cidade de Lugo, Club Ciclista Vigués, Lasal Cocinas Louriña, Retelec Cicling Galicia Team Farto BTC, Team Oiense-Escuela Estévez e Drone Hopper Gsport Grupo Innova Tormo.

2 alacantinos: Brocar Ale e Ulevel Sarifruits

1 asturiano: Ciudad de Oviedo

3 madrileños: Eolo Kometa, Valverde Team, Tenerife Bike Point.

2 aragoneses: Huesca La Magia-Renault Auto4, La Tova Huesca la Magia

1 andaluz: Manuela Fundación.

1 catalán: Team Smartdry Girona Cicling

 

Fonte: Club Ciclista Betanzos 

GALERÍA DE FOTOS

Presentación da 26ª Vuelta a la Comarca Brigantina - Campionato de Galicia de Estrada Elite-Sub23
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es