Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Tomás Pombo asume o liderado na Copa de España Júnior

22 DE ABRIL DE 2024

O sub-23 Alejandro Paz adxudicouse a Volta às Terras de Santa Maria na Taça de Portugal de Esperanças

Tomas-Pombo-asume-o-liderado-na-Copa-de-Espana-Junior

O Padronés-Cortizo colleitou éxitos durante a fin de semana con corredores galegos tanto na categoría júnior como na sub-23. Tomás Pombo asaltou o liderado na segunda carreira da Copa de España para ciclistas xuvenís e o sub-23 Alejandro Paz apuntouse a vitoria na Volta às Terras de Santa Maria, cita da Taça de Portugal de Esperanças. En territorio luso chegaron dous podios máis de representantes da nosa comunidade.

Terceiro na apertura da Copa de España Júnior Cofidis, Tomás Pombo fixo quinto este sábado no Trofeu 15 d'Abril. A carreira disputada na localidade tarraconense de La Canonja resolveuse ao esprint e o posto logrado polo carballés do Padronés-Cortizo permitiulle situarse primeiro na xeral. Esa posición de privilexio terá que defendela o vindeiro domingo, 28 de abril, en Montemayor (Córdoba).

Xuvenís e sub-23 compiten xuntos na Taça de Portugal de Esperanças, competición na que o Padronés-Cortizo se deu un festín esta fin de semana. O sábado copou o podio en Palmeira. Venceu o colombiano Samuel Flórez e o ponteareán Manuel Rodríguez fixo terceiro. O domingo o triunfo do conxunto corunés conseguiuno un galego. O ribeirense Alejandro Paz adxudicouse a Volta às Terras de Santa Maria, o seu primeiro triunfo na categoría tras alcanzar a liña de meta xunto a un compañeiro de equipo, o valenciano Óscar García. A terceira praza, encabezando un grupo que chegou a 2'47 do gañador, obtívoa o gondomareño Ricardo Buba (High Level - Gsport).

imagen

Máis información Copa de España 

Máis información Taça de Portugal

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es