Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Campionato de Galicia de Moaña coroa a Alejandra Neira, Anxo Delgado, Xiana Camiña, Iker Rodríguez, Andrea Prado e a Carla Fernández

30 DE JUNIO DE 2024

A localidade morracense acolleu dúas xornadas de carreiras con dominio dos equipos portugueses nas clasificacións absolutas

O-Campionato-de-Galicia-de-Moana-coroa-a-Alejandra-Neira-Anxo-Delgado-Xiana-Camina-Iker-Rodriguez-Andrea-Prado-e-a-Carla-Fernandez

Fotos: Luz Iglesias / Ricardo Lede

Tres carreiras e un total de seis camisolas autonómicas en xogo. O Campionato de Galicia de fondo en Estrada celebrouse durante esta fin de semana en Moaña e nas estradas desta localidade morracense competiron os cadetes, os juniors e o pelotón das categorías femininas. Este evento reuniu a 170 ciclistas e no seu percorrido, coa subida ao Mirador da Fraga como punto máis selectivo, os equipos chegados dende Portugal impuxeron a súa lei.

Coa A.D. Punta Fondón como entidade anfitrioa, a competición arrancou o sábado pola tarde cos 54,8 quilómetros da proba cadete masculina. Esta distancia incluía dúas ascensións á Fraga e a segunda delas resultou decisiva. O luso Afonso Silva (Landeiro KTM) marchouse en solitario e presentouse en solitario na liña de meta da Avenida Concepción Arenal con 25 segundos de vantaxe respecto ao seu compañeiro de equipo Rodrigo Abreu, o máis rápido no esprint do grupo perseguidor. A tripla portuguesa completouna Guilherme Ribeiro (Paredes Fortuna).

O sexto clasificado, Anxo Delgado (Compostelano), foi o primeiro galego e no podio do Campionato recibiu a camisola coas cores de Galicia escoltado por Anxo Suárez (Padronés-Cortizo) e Víctor Delgado (Emico & Erbi Bembibre), segundo e terceiro respectivamente. Os tres remataron no pelotón. 

imagen 

As seis coroas autonómicas que se repartiron en Moaña conquistáronas ciclistas que nunca antes se colgaran a medalla de ouro do galego de fondo en Estrada nas súas actuais categorías. A carreira con máis títulos, a feminina, xuntou na liña de saída a cadetes, juniors, sub23, elites e corredoras masters, estas últimas sen poder optar ás camisolas do Campionato ao non alcanzarse o mínimo de tres participantes por grupo de idade.

Todas as categorías afrontaron unha distancia de 40,9 km salvo as sub23 e as elites, que tiveron que percorrer 54,8 km subindo dúas veces A Fraga, en vez da única ascensión fixada para o resto de categorías. Alejandra Neira (Cambre) non só foi a vencedora cadete con total autoridade, senón que encabezou a proba na meta da distancia curta. A santiaguesa, actual líder da Copa de España, acadou o seu primeiro título autonómico en liña e subiu ao podio xunto a Inés Santalla (Cambre) -medalla de prata- e a Tania Rodríguez (Teis) -bronce-.

Dous títulos femininos decidíronse nos metros finais. Xiana Camiña (Becani) fixo valer a súa punta de velocidade nas juniors ante Lara Fuentes (Cambre), segunda clasificada, e Aroa Otero (Supermercados Froiz), terceira.

A emoción tamén se mantivo ata a recta de meta nas elites. Carla Fernández (QuéBici-Marcisport) bateu a María Jesús Barros (Supermercados Froiz) de xeito moi axustado e nese esprint correspondeulle o bronce a Mirian Trigo (Team Farto – BTC). As tres primeiras galegas concluíron a tres minutos do cuarteto que comandou a carreira elite e no que a máis rápida foi a chilena Paula Villalón, do Maiatos portugués. O cadro de gañadoras completárono as sub-23. Coa vitoria na carreira fíxose a uruguaia Luciana Wynants (Kiwi Atlántico-Craega) e co maillot de campioa autonómica Andrea Prado (Team Farto – BTC), liderando a tripla do seu equipo con Carmen Mallo no segundo chanzo do podio e Laura Mira, a defensora do título, no terceiro. 

imagen

Para o domingo quedou como colofón dos campionatos a competición júnior masculina. Ata cinco subidas á Fraga contabilizábanse nos 97 km da carreira xuvenil. A primeira destas ascensións aproveitárona catro ciclistas para formar unha fuga e a escapada resultou un éxito. Ningún dos intentos por botarlles a luva dende o pelotón conseguiu o seu obxectivo e a loita entre os catro de cabeza foi por eliminación. Primeiro cedeu o estadounidense Noah Tonkin Smit (Dos Ruedas Hincapie), despois Iker Rodríguez (Padronés-Cortizo) e no penúltimo paso polo único porto de montaña o portugués Gonçalo Rodrigues (Landeiro KTM) aproveitou para soltar ao seu compatriota Joao Silva (Tensai).

O gañador exhibiuse na parte final da carreira e Rodrigues avantaxou finalmente na meta a Silva en case 3 minutos. O outro gran triunfador foi o terceiro clasificado, o rosaleiro Iker Rodríguez (Padronés-Cortizo), novo campión de Galicia júnior tras cruzar a  meta con 1 minuto de marxe respecto ao seu compañeiro de equipo Tomás Pombo (Padronés-Cortizo), máis rápido que Francisco Agrafojo (Cambre) no cara a cara pola medalla de prata do autonómico. O segundo e o terceiro galego descolgaron na última volta a Diego López (Picusa Academy), rival directo polos metais.

imagen

Os premios ao longo da fin de semana encargáronse de entregalos Leticia Santos, alcaldesa de Moaña; Rubén Viéitez, concelleiro de Deportes; María Sanluís, concelleira de Benestar Social e Igualdade; Enrique Vaz, presidente da A.D. Punta Fondón; Juan Carlos Muñiz, presidente, e Óscar Sánchez, directivo, da Federación Ciclismo Galego.

Dende a organización agradécese a colaboración prestada pola Policía Local de Moaña, Protección Civil, Moto Volta Galicia, Garda Civil de Tráfico e Asociación de Conductores do Ciclismo Galego para velar pola seguridade das corredoras e dos corredores. 

Clasificación Cadete

Clasificacións Femininas

Clasificación Júnior

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es