17 DE SEPTIEMBRE DE 2024
Houbo presenza galega no podio do primeiro Campionato de España de Gravel, unha cita que se disputou o pasado domingo na localidade burgalesa de Santo Domingo de Silos. O corredor profesional de estrada Andrés Taboada (Tavfer-Ovos Matinados-Mortagua) acadou a medalla de prata sub-23. O verinés quedou a 16" de adxudicarse o título da súa categoría e ocupou a sexta praza na clasificación absoluta.
Máis de 400 participantes afrontaron un percorrido de 135 quilómetros e este desafío atraeu a ciclistas tan sobranceiros como Alejandro Valverde, Sergio Mantecón, Samuel Sánchez, Carlos Verona, Luis Ángel Maté, Felipe Orts ou Lucía González. O máis forte de todos os corredores masculinos foi o profesional de estrada José Manuel Díaz Gallego (Burgos BH) e entre as mulleres dominou a especialista en ciclocrós Sofía Rodríguez (Nesta - MMR).
Andrés Taboada cruzou a liña de meta como sexto clasificado masculino cun tempo de 4 horas 27 minutos e 37 segundos, a once minutos do xienense Díaz Gallego e a só 16 segundos do vencedor na súa categoría, o castelanleonés Raúl Rodríguez (Kazajoz). O podio sub-23 completouno o madrileño Miguel Díaz (Uves Bikes), que cedeu 10' respecto ao ourensán. Este resultado do corredor do Tavfer portugués chegou dúas semanas despois de conquistar a camisola da Xuventude no Grande Prémio Jornal de Notícias, proba do calendario luso de estrada.
Entre os dez primeiros dos seus grupos de idade concluíron outros dous galegos no Campionato de España de Gravel. Francisco Baña (Compostelano) fixo noveno nos máster-30B e Víctor Grau (Ría de Arousa), sétimo nos máster-40A.
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CARRETERA
FEDERACIÓN
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es