23 DE SEPTIEMBRE DE 2024
Foto: RFEC
A cidade manchega de Albacete viviu durante a fin de semana o Campionato de España Máster 2024 de estrada e dous galegos subiron ao podio o domingo, a xornada reservada para as contra o reloxo individuais. Diego Álvarez (Aerodynamics) fíxose co título na categoría máster-40B e Manuel Prieto (Norinver) obtivo a terceira posición nos máster-60B.
O percorrido de 12 quilómetros completouno o lucense Diego Álvarez en 14 minutos e 12 segundas, logo de rodar a unha velocidade media de 50,7 km/h. O actual campión de Galicia da especialidade bateu en 23" o rexistro do segundo clasificado no seu grupo de idade, o asturiano Martín Menéndez (Guía Color) Entre os dez primeiros máster-40B tamén se clasificaron os galegos Alberto Álvarez, quinto, e José Luis Lombao, sétimo, ambos do Norinver.
O conxunto de Cabanas si que pisou o caixón na CRI máster-60B. O coruñés Manuel Prieto detivo o reloxo en 17:03, asinando a terceira mellor marca dos trece participantes no grupo de idade con máis experiencia. O vasco Juan Carlos Iglesias (Ciclo Sandonis) adxudicouse a camisola rojigualda cun tempo de 16:14 e segundo quedou Juan Moreno (G.D. Juan Moreno), a 37" do vencedor.
As carreiras en liña do sábado non deixaran ningunha medalla para os ciclistas da nosa comunidade. Os resultado máis sobranceiros a dous máster-30. Pablo Fernández (Cidade de Santiago) rematou noveno na táboa absoluta, e cuarto nos B, e Adán Fra (Viveiro) acadou a décimo terceira posición, sendo novenos nos A.
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CARRETERA
FEDERACIÓN
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es