18 DE MAYO DE 2025
Fotos: Difusion ProSport
A Copa de España Elite e Sub-23 concluíu hoxe en Vigo tras once carreiras coa disputa dunha emocionante Vigo Copa de España; unha cita que coroou como vencedor da proba a Ilya Savekin e como gañador da xeral do circuíto estatal a un sólido César Pérez.
A carreira olívica organizada polo C.C. Rías Baixas, unha das máis esixentes do certame con 180 quilómetros e 4000 metros de desnivel positivo acumulado, estivo marcada por unha fuga de moita calidade conformada cando aínda restaban máis de 90 quilómetros.
Ilya Savekin (Technosylva Maglia Rower Bembibre), Samuel Flórez e Martín Rey (Cortizo), Dario Giuliano (Caja Rural-Alea), Pablo Ortega (High Level-Gsport), Unai Ramos (Finisher-Kern Pharma), Óscar Rota (MPgroup-Doltcini) e Aimar Tadeo (Euskadi Fundación) protagonizaron unha escapada que manexou importantes diferenzas, superiores nalgúns momentos aos 5 minutos con respecto ao pelotón.
A avanzada entendeuse en todo momento, salvo algúns intentos xa dentro dos últimos 10 km, ata chegar a Vigo, onde as ramplas de acceso a meta ditaron sentenza. Ilya Savekin mostrouse de forma contundente como o máis rápido do grupo por diante de Aimar Tadeo, segundo, e de Pablo Ortega, terceiro. A quinta praza ocupouna Martín Rey, o que permitiu ao vilagarcián ascender ata a segunda praza da xeral.
César Pérez, que manexaba unha ampla marxe, coroouse como novo campión da Copa de España Elite-Sub23 tras unha sobresaínte tempada e a pesar do seu abandono en Vigo. En categoría elite José María Martín (Extremadura Pebetero) fíxose co triunfo tras completar tamén un fantástico curso no certame estatal. O título por equipos obtívoo o Padronés-Cortizo, gañador por escuadras nesta última xornada.
CARRETERA
CARRETERA
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
CARRETERA
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es