Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Luis Arcega prolonga en Tarancón a súa xeira triunfal na Copa de España de Ciclismo Adaptado

14 DE JULIO DE 2021

O corredor do ParaciclismoGalicia reforza o liderado en MC3 coa súa terceira vitoria

Luis-Arcega-prolonga-en-Tarancon-a-sua-xeira-triunfal-na-Copa-de-Espana-de-Ciclismo-Adaptado-

Dúas semanas despois de rodar por Viveiro, a Copa de España de Ciclismo Adaptado viviu en Tarancón a súa terceira xornada. A terras conquenses chegaba Luis Arcega como líder na categoría MC3 e o corredor do ParaciclismoGalicia consolidouse no máis alto da xeral prolongando a súa xeira triunfal. 

Invicto esta temporada no certame estatal, Arcega sumou a súa terceira vitoria no Trofeo Ciudad de Tarancón. Impúxose cunha vantaxe de 1:03 sobre Francisco Sánchez (Hyunday Koryo Car) e de 1:21 respecto a Carlos Perona (Fundación Ciclista de Castilla). 

Os 60 puntos conquistados como gañador desta xornada amplían a 46 o colchón do líder en relación a Alejandro Montero (Mirabike), segundo na xeral da categoría de bicicletas MC3. Outro galego do ParaciclismoGalicia encabeza un dos rankings de handbikes. Malia non ter participado nesta xornada, Iván Montero ocupa o primeiro posto na táboa MH5. Ademais, a estructura do Club Ciclista Riazor mantense en primeira posición na clasificación por equipos. 

A falta de catro eventos para a súa conclusión, a Copa de España de Ciclismo Adaptado do ano 2021 abre unha paréntese ata a última fin de semana do verán e regresará o 19 de setembro en Ciudad Real. 

Máis información e clasificacións

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es