Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Presentación do CX Concello de Taboada

17 DE OCTUBRE DE 2024

A proba lucense estréase o 27 de outubro como terceira xornada puntuable para a Copa Galicia de Ciclocrós

Presentacion-do-CX-Concello-de-Taboada

O ciclocrós regresa á provincia de Lugo. O domingo 27 de outubro celebrarase a primeira edición do CX Concello de Taboada, evento organizado polo Club Ciclista Chantadino. A partir das 10:00 horas comezarán as carreiras da terceira xornada da Copa Galicia. 

 imagen

O evento presentouse onte na Casa do Concello de Taboada, un acto que contou coa presenza de José Portela, tenente alcalde; Manuel Diéguez, concelleiro de Deportes; Carlos Caamaño, presidente do C.C. Chantadino; Fernando Rodríguez, presidente do C.C. Túzaros BTT; José Ramón Caamaño, director técnico da proba; e Óscar Sánchez, vicepresidente da Federación Ciclismo Galego. 

O prazo para inscribirse remata o vindeiro mércores, día 23, ás 23:59 horas. Fai click nesta ligazón para apuntarte.

imagen

Toda a información sobre a Copa Galicia está dispoñible na súa sección dentro desta mesma páxina web e podes atopala nas redes socias a través do cancelo #CopaGaliciaCX. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es