Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Aprobado o apaixonante calendario 2021 do ciclocrós galego: 17 probas, dúas delas internacionais

25 DE SEPTIEMBRE DE 2021

A Copa Galicia constará de 14 xornadas. O GP Cidade de Pontevedra (C1), que abrirá a Copa de España, e o XaxanCX (C2) repartirán puntos UCI. A temporada pecharase en Maceda co campionato autonómico.

Aprobado-o-apaixonante-calendario-2021-do-ciclocros-galego-17-probas-duas-delas-internacionais

Foto: Luz Iglesias

A Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada este venres pola Federación Ciclismo Galego aprobou o calendario de ciclocrós autonómico da temporada 2021. Dende o 2 de outubro ata o 26 de decembro hai programados dezasete probas na nosa comunidade. Aos especialistas sobre a lama agárdalles unha temporada apaixonante, tanto pola cantidade de citas como pola súa calidade. 

A cifra de eventos supera á de antes da pandemia e nesta intensa axenda consolídanse dúas competicións de carácter internacional. Ambas disputaranse na fin de semana do 9 e do 10 de outubro. O sábado está reservado para o Gran Premio Cidade de Pontevedra, que sobe de categoría e alcanza o nivel C1 da Unión Ciclista Internacional. Ademais, a xornada organizada pola FCG na Illa das Esculturas abrirá o calendario da Copa de España 2021.

Ao día seguinte, o domingo, tamén se repartirán puntos UCI no Ciclocross Internacional XaxanCX, o evento C2 impulsado polo XSM. Polo tanto, o espectáculo está garantido nas Rías Baixas durante a fin de semana da ponte do Pilar grazas a unha participación que será de luxo. 

De aperitivo a esta agardada dobre cita exercerá a apertura da Copa Galicia. No arranque do mes de outubro o V Ciclocross Concello de Pontevedra, o sábado 2, e o IV Ciclocross Poio Móvose, o domingo 3, servirán para abrir boca de cara á seguinte fin de semana e lanzar o certame autonómico, que esta campaña consta de catorce xornadas. 

Unha das novidades na Copa deste ano é o descarte dos catro peores resultados. A lista de carreiras mestura probas clásicas con outras que se estrean. O ciclocrós da Guarda, A Cañiza, Ribadumia e o dedicado a Borja Gómez Méndez en Ponteareas, que pechará o calendario, vivirán a súa primeira edición. 

 

CALENDARIO COPA GALICIA

OUTUBRO

2-10

V CICLOCROSS CONCELLO DE PONTEVEDRA

PINARIUM, C.D.

1.33.5

3-10

IV CICLOCROSS POIO MOVESE

POIO BIKE CLUB

1.33.5

23-10

IV CX CAIMANES BETANZOS

CAIMANES, C.C.

1.33.5

24-10

XX CICLOCROSS CIDADE DE SANTIAGO

COMPOSTELANO, C.C.

1.33.5

31-10

XII CICLOCROSS CONCELLO DE CAMBRE

CAMBRE, C.C.

1.33.5

       

NOVEMBRO

1-11

V CICLOCROSS VAL DE ESMELLE

ESMELLE, C.C.

1.33.5

13-11

XXIII TROFEO MONTES DE EIRAS DE CICLOCROSS

O ROSAL, C.C.

1.33.5

14-11

1° CICLOCROSS CONCELLO DA GUARDA

IN SITU C.C.

1.33.5

20-11

II CICLOCROSS CON DA ROMAIÑA

CORBELO, C.C.

1.33.5

27-11

I TROFEO CICLOCROSS, CONCELLO DA CAÑIZA

GRUPETA PAN DE ZARKO, C.C.

1.33.5

28-11

CICLOCROSS CONCELLO DE RIBADUMIA

RIBADUMIA, C.C.

1.33.5

       

DECEMBRO

6-12

XXXIV TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DE BOIRO

BARBANZA, C.C.

1.33.5

18-12

V TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DO PORRIÑO

AVANZA, A.D.

1.33.5

19-12

CICLOCROSS BORJA GOMEZ MENDEZ

PONTEAREAS, C.C.

1.33.5

 

O punto final a esta campaña porase, como é habitual, co Campionato de Galicia. As coroas autonómicas do 2021 repartiranse o 26 de decembro na provincia de Ourense, no XIV Ciclocross Castelo de Maceda. Unha despedida por todo o alto e o último gran test antes do Campionato de España, do 7 ao 9 de xaneiro, en Xátiva. 

 

CALENDARIO GALEGO COMPLETO

OUTUBRO

2-10

V CICLOCROSS CONCELLO DE PONTEVEDRA

PINARIUM, C.D.

1.33.5

3-10

IV CICLOCROSS POIO MOVESE

POIO BIKE CLUB

1.33.5

9-10

GRAN PREMIO CIDADE DE PONTEVEDRA

FGC

INTER. C1

10-10

CICLOCROSS INTERNACIONAL XAXANCX

X.S.M C.C.

INTER. C2

23-10

IV CX CAIMANES BETANZOS

CAIMANES, C.C.

1.33.5

24-10

XX CICLOCROSS CIDADE DE SANTIAGO

COMPOSTELANO, C.C.

1.33.5

31-10

XII CICLOCROSS CONCELLO DE CAMBRE

CAMBRE, C.C.

1.33.5

       

NOVEMBRO

1-11

V CICLOCROSS VAL DE ESMELLE

ESMELLE, C.C.

1.33.5

13-11

XXIII TROFEO MONTES DE EIRAS DE CICLOCROSS

O ROSAL, C.C.

1.33.5

14-11

1° CICLOCROSS CONCELLO DA GUARDA

IN SITU C.C.

1.33.5

20-11

II CICLOCROSS CON DA ROMAIÑA

CORBELO, C.C.

1.33.5

27-11

I TROFEO CICLOCROSS, CONCELLO DA CAÑIZA

GRUPETA PAN DE ZARKO, C.C.

1.33.5

28-11

CICLOCROSS CONCELLO DE RIBADUMIA

RIBADUMIA, C.C.

1.33.5

       

DECEMBRO

6-12

XXXIV TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DE BOIRO

BARBANZA, C.C.

1.33.5

18-12

V TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DO PORRIÑO

AVANZA, A.D.

1.33.5

19-12

CICLOCROSS BORJA GOMEZ MENDEZ

PONTEAREAS, C.C.

1.33.5

26-12

CAMPIONATO DE GALICIA-XIV CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA

MACEDA, C.C.

1.33.5

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es