Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Rectificación premiados na Gala Ciclismo Galego polo Ranking de XCM

22 DE FEBRERO DE 2023

Miguel Panadeiros, Daniel García e Delmiro Acevedo recibirán nos vindeiros días os trofeos que lles corresponden

Rectificacion-premiados-na-Gala-Ciclismo-Galego-polo-Ranking-de-XCM

A Gala Ciclismo Galego'23 celebrouse o pasado 11 de febreiro en Boiro e durante o transcurso do evento entregáronse 158 galardóns polos resultados acadados na última temporada e 27 Mencións Especiais. Ao remate do acto comunicóuselles aos responsables da Federación Ciclismo Galego (FCG) que se cometeran tres erros no reparto de premios correspondentes ao Ranking autonómico de Cross Country Maratón (XCM). De contado, trasladáronse as desculpas aos afectados de xeito particular e informouse aos seus clubs que en canto chegaran os trofeos correctos realizaríase unha rectificación pública. 

Os tres bikers que quedaron sen coroar na Gala como os mellores das súas categorías a nivel autonómico no ano 2022 foron: o júnior Miguel Panadeiros Rodríguez (Carballiño, C.C.), o máster-30 Daniel García Castaño (CDM Xesteiras) e o máster-40 Delmiro Acevedo Rodríguez (Burgas Bike Team, C.D.). 

Ao tratarse de trofeos personalizados o proceso tardou máis do desexado, pero xa está completado e nos vindeiros días os tres corredores que se gañaron estas distincións pola regularidade ofrecida a pasada campaña no calendario galego de XCM recibirán os seus premios. Dende a FCG reiteramos as nosas desculpas tanto aos ciclistas como aos seus clubs. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es