Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Gala Ciclismo Galego entregará 79 premios polos Rankings FCG

14 DE FEBRERO DE 2024

As corredoras e os corredores máis regulares da pasada campaña serán coroados no Auditorio Municipal de Ribadumia

A-Gala-Ciclismo-Galego-entregara-79-premios-polos-Rankings-FCG

Cifra récord nun dos apartados principais da gran festa anual do noso deporte. Os premios dos Rankings da Federación Ciclismo Galego (FCG) distinguen ás corredoras e aos corredores máis regulares da campaña anterior en cada categoría de sete modalidades e especialidades que forman parte do calendario autonómico de competición. Este ano, na Gala que se celebrará o 24 de febreiro no Auditorio Municipal de Ribadumia, entregaranse 79 trofeos, un número nunca antes alcanzado. 

As clasificacións da temporada 2023, que rematou coa disputa do Campionato de Galicia de Ciclocrós o pasado 7 de xaneiro, están dispoñibles nesta mesma páxina web para a súa revisión. Recórdase que segundo a Normativa aprobada na Asamblea, para optar ao premio que recoñece ao líder do ranking correspondente é necesario ter disputado tres probas puntuables ou o 50% das mesmas. 

A nómina de gañadoras e gañadores compóñena trece especialistas de Estrada, catorce de BTT Cross Country Olímpico (XCO), nove de BTT Cross Country Maratón (XCM), dez de BTT Descenso (DHI), nove de BTT Enduro, once de BTT Resistencia e trece de Ciclocrós. Só repetirán presenza no escenario tres ciclistas: Laura Mira (Farto), líder sub-23 en Estrada e Ciclocrós; Arantxa Gómez (OsdoSacho), primeira cadete na táboa de Enduro e na de DHI; e Manuel Ángel Parada (Xesteiras) como gañador da clasificación elite de XCO e da máster-30 de Resistencia. 

Achégase listaxe completa 

DOCUMENTOS ADJUNTOS

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es