11 DE ENERO DE 2023
A Federación Ciclismo Galego (FCG) considera a psicoloxía un aspecto fundamental na formación e na práctica deportiva. Por este motivo, e na súa aposta por ofrecer servizos e colaborar en todo o posible con clubs, escolas, ciclistas e árbitros, vén de asinar un novo convenio de colaboración. Deportivamentes ponse a disposición de todos os estamentos do ciclismo galego federado cun prezo especial. O acordo foi rubricado por Jorge Carril, máximo resposable desta consultoría pontevedresa de psicoloxía deportiva, e por Juan Carlos Muñiz, presidente da FCG.
Grazas a esta sinerxia, aplícase un desconto en dous servizos. As charlas e talleres formativos buscan axudar a mellorar aspectos específicos do rendemento deportivo a nivel mental. Cunha duración de 60 minutos e un custo de 135 euros, trátase unha actividade que pode contratar a FCG, clubs, equipos e escolas. Por outra banda, as sesións de psicoloxía deportiva ofrécense de xeito privado a ciclistas,adestradores e árbitros. En formato presencial ou online, están deseñadas para 60 minutos e a súa tarifa é de 40 euros.
O convenio rubricado tamén inclúe unha iniciativa didáctica. Deportivamentes realizará unha publicación mensual nas súas redes sociais, que será compartida nas canles de difusión da FCG, achegando contidos e reflexións sobre o eido da psicoloxía deportiva.
AVISOS
FEDERACIÓN
FEDERACIÓN
EVENTOS
FEDERACIÓN
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es