Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A FCG organiza os Cursos Director Deportivo Nivel I e Nivel II do 15 de xaneiro ao 10 de febreiro

21 DE NOVIEMBRE DE 2023

O prazo para inscribirse xa está aberto

A-FCG-organiza-os-Cursos-Director-Deportivo-Nivel-I-e-Nivel-II-do-15-de-xaneiro-ao-10-de-febreiro

A Federación Ciclismo Galego (FCG), en colaboración coa Real Federación Española de Ciclismo (RFEC), organiza os Cursos de Director Deportivo Nivel I e Nivel II. As sesións impartiranse de forma online a través da plataforma Zoom dende o 15 de xaneiro ata o 10 de febreiro. Esta dobre actividade encádrase no plan de promover e formar aos diferentes estamentos que compoñen o pelotón ciclista. 

Os relatores que se encargarán de explicar os contidos dos programas deseñados para cada nivel teñen en común a súa ampla experiencia no mundo do ciclismo. Na nómina de profesores destaca a presenza, entre outros, de Félix García Casas, exciclista profesional de estrada e actual seleccionador español de Ciclismo Adaptado e Pista; Cristina San Emeterio, directora deportiva do UAE Team ADQ; o psicólogo deportivo Jorge Carril, creador da consultoría Deportivamentes; Emilio de la Campa, fisioterapeuta do equipo Movistar; e Álvaro García, responsable de Comunicación do equipo EOLO Kometa. 

Todas as sesións quedarán gravadas, polo que non é necesario seguilas en directo e poderán visualizarse posteriormente tantas veces como se desexe. Os exames tamén se realizarán de forma online, neste caso a través da plataforma habilitada pola FGC. As alumnas e os alumnos que acaden a cualificación de 'Aptos' na parte teórica deberán completar o curso cun periodo de prácticas. 

Inscrición e matrícula

Os prazos para inscribirse e as tarifas da matrícula para o Curso de Director Deportivo Nivel I son os seguintes:

-1º prazo (ata o 20 de decembro)

Prezo: 260 euros (Federado) - 320 euros (Non Federado)

-2º prazo (dende o 21 de decembro ata o 10 de xaneiro)

Prezo: 300 euros (Federado) - 370 (Non Federado)

Fai click neste enlace para consultar toda a información e apuntarte

 

Os prazos para inscribirse e as tarifas da matrícula para o Curso de Director Deportivo Nivel II son os seguintes:

-1º prazo (ata o 20 de decembro)

Prezo: 360 euros (Federado) - 420 euros (Non Federado) - 250 euros (Graduados, Diplomados, Licenzados Educación Física ou TAFAD)

-2º prazo (dende o 21 de decembro ata o 10 de xaneiro)

Prezo: 400 euros (Federado) - 470 (Non Federado) - 300 euros (Graduados, Diplomados, Licenzados Educación Física ou TAFAD)

Fai click neste enlace para consultar toda a información e apuntarte

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es