Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada de Tecnificación FCG para corredores juniors de Estrada

20 DE MARZO DE 2024

O domingo 7 de abril en Cambre

Xornada-de-Tecnificacion-FCG-para-corredores-juniors-de-Estrada

A primavera concentra a maioría das Xornadas de Tecnificación programadas pola Federación Ciclismo Galego (FCG). Despois da protagonizada polos Sub-23 a finais de xaneiro en Vilagarcía de Arousa, o vindeiro domingo 7 de abril celebrarase a segunda convivencia do ano. Neste caso estará dedicada aos corredores juniors de Estrada e terá como escenario o concello coruñés de Cambre. A lista de convocados enviarase aos clubs logo da celebración esta fin de semana da III Challenge Volta O Barbanza 'A Orixe'.

O planning deseñado polo seleccionador Jacobo Ucha está na liña do que se vén aplicando durante os tres últimos anos nesta iniciativa formativa. Pola mañá realizarase unha sesión de adestramento, á conclusión da mesma os ciclistas xantarán xuntos e pola tarde chegará a quenda das charlas. Augusto Mosquera, de Biomecánica San Lázaro, e o ex corredores profesional Daniel López Parada compartirán os seus coñecementos e experiencias cos juniors.

Con este método de traballo búscase facer un seguemento in situ da canteira autonómica e, ao mesmo tempo, estreitar lazos de cara ás competicións que disputará a Selección de Galicia. A segunda Xornada de Tecnificación FCG desta temporada, das oito que están programadas, é posible grazas á inestimable colaboración do Club Ciclista Cambre e do Concello de Cambre

 

Axenda 2024 de Tecnificacións, Campus e citas da Selección 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es