Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada de Tecnificación FCG para corredoras infantís, cadetes e juniors de XCO

30 DE MAYO DE 2024

Este domingo en Moaña

Xornada-de-Tecnificacion-FCG-para-corredoras-infantis-cadetes-e-juniors-de-XCO

Foto: Luz Iglesias

Esta fin de semana chega cargada de Cross Country Olímpico. O sábado celébrase o Campionato de Galicia en Poio e o domingo, día 2 de xuño, a Federación Ciclismo Galego (FCG) organiza en Moaña unha Xornada de Tecnificación para corredoras infantís, cadetes e juniors de XCO. Un total de 25 bikers están citadas para participar nesta convivencia que combinará adestramentos con formación en aspectos relacionados co noso deporte. 

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Moaña e estará dirixida por Alberto del Río, técnico e seleccionador da FCG. As promesas do XCO autonómico reuniranse ás 10:00 horas na Área Recreativa do Outeiro. Logo dunha breve charla de benvida, comezará un adestramento no monte da Paralaia que se prolongará ata o mediodía.

O xantar en grupo dará paso a unha tarde que arrancará con outra sesión de bicicleta no Pump Track do Casal e como peche ao programa de actividades as corredoras sentaranse a escoitar ao relator convidado: Fernando Rama, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. O fin da convivencia está prevista para as 18:00 h. 

As Xornadas de Tecnificación FCG puxéronse en marcha no 2021. Con esta iniciativa formativa búscase crear vínculos entre as ciclistas, facer un seguemento das mesmas e ampliar os seus coñecementos. No que vai de ano xa se dedicaron tres concentracións ás especialidades BTT. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es