06 DE NOVIEMBRE DE 2025
Os Cursos Ciclismo Galego deste outono-inverno comezan co de Auxiliar de Ciclismo. O sábado 22 de novembro impartirase de xeito presencial na Casa do Deporte en Vigo a formación para aquelas persoas que desexen prestar servizos de auxiliar nun club ou escola, realizar esa función profesionalmente nun equipo, ampliar coñecementos sobre nutrición e avituallamentos no ámbito do ciclismo ou saber máis respecto ás necesidades que ten un ciclista antes e despois dunha carreira.
O horario desta actividade será de 10:00 a 14:00 horas na sesión matinal e de 16:00 a 18:00 h pola tarde. O curso contará con catro relatores que exercen de auxiliares en estruturas profesionais. Cada un deles encargarase dunha materia: Emilio de la Campa (Movistar Team) centrarase nos contidos de BTT e Ciclocrós, Héctor Angueira (Laboral Kutxa - Fundación Euskadi) nos de Ciclismo en Estrada, José Antonio López (Movistar Team) nos de Nutrición e David Carrillo (Laboral Kutxa - Fundación Euskadi) abordará a Parte Práctica e os Avituallamentos.

Para apuntarse a este curso requírese unha idade mínima de 16 anos cumpridos. O prazo para inscribirse xa está aberto e conclúe o 19 de novembro. O prezo é de 85 euros para Federad@s e de 100 euros para Non Federad@s. Fai click aquí para anotarte
A oferta formativa da Federación Ciclismo Galego continuará co curso de Monitor e os de Director Deportivo, actividades para as que se abrirán as inscricións proximamente. Consulta nesta ligazón o calendario completo
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es