Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Aberto o prazo de inscrición para o Curso de Monitor de Escolas de Ciclismo

13 DE NOVIEMBRE DE 2025

As clases e o exame serán online

Aberto-o-prazo-de-inscricion-para-o-Curso-de-Monitor-de-Escolas-de-Ciclismo

A Federación Ciclismo Galego activa outra iniciativa formativa que se celebrará nas vindeiras semanas. Despois do Curso de Auxiliar de Ciclismo, chegará o de Monitor de Escolas. Esta actividade celebrarase exclusivamente de xeito online dende o 2 ao 13 de decembro e está dirixida ás persoas federadas ou non federadas que desexen transformar a súa paixón nunha oportunidade. 

O programa para converterse en Monitor de Escolas, e deste xeito adestrar, guiar e motivar, constará de seis relatorios: Normativa Técnica de Escolas, impartido polo Comité Técnico de Árbitros (CTA) da FCG; Escolas de Trial, a cargo do rider Marcos Fernández; Escolas Mini DH e Pump Track, sobre as que afondará o especialista en Descenso e coach Luis Manovel; Escolas de Estrada, a cargo de Jacobo Ucha, técnico da Federación Ciclismo Galego; Escolas de BTT e CX, sesión dirixida por Alberto del Río, técnico da FCG; e Primeiros Auxilios e RCP con DESA, da man de Pepe Aguilera. O exame está fixado para o sábado 13 de decembro.

imagen

O prazo para anotarse xa está aberto e remata o 27 de novembro. O prezo para inscribirse é de 100 euros para federad@s e de 120 euros para non federad@s.

Fai click nesta ligazón para apuntarte

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es