Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Epic Race Pontevedra celebra a súa primeira edición

06 DE SEPTIEMBRE DE 2017

A Epic Race Pontevedra celebra a súa primeira edición

A-Epic-Race-Pontevedra-celebra-a-sua-primeira-edicion

Despois de meses de preparación, todo está listo para a primeira edición dunha proba deportiva que "naceu para quedar", a Epic Race Pontevedra de BTT.

Así o asegura Josevi Cimadevila, responsable da empresa organizador Global DxT, para quen a Epic Race "é máis que unha proba deportiva, é ensinar a provincia a toda España".

Trátase dunha competición por etapas, oito en total, repartidas en apenas tres días, desde o venres 8 ata o domingo 10 de setembro, e que "é única na Península Ibérica" pola súa dureza, xa que os participantes deberán afrontar 550 quilómetros de percorrido polos montes da provincia sumando un desnivel acumulado positivo de 14.500 metros.

Serán ao redor de 100 os ciclistas que afronten esta primeira edición da carreira, xa sexa en equipos de ata 4 participantes ou en solitario. Ademais é posible completar unha opción recudica do percorrido con 270 quilómetros e 7.000 metros de desnivel acumulado.

A Epic Race deberá completarse nun máximo de 48 horas, transcorrendo as oito etapas polos municipios de Pontevedra, Redondela, Tui, A Lama, Moraña, Vila de Cruces e Cerdedo-Cotobade e achegándose a lugares como as Brañas de Xestoso, o Sobreiral de Arnego ou a Fraga de Catasós, entre outros.

Os deportistas deberán guiarse por GPS establecéndose puntos de control nos que poderán darse as remudas no caso das categorías por equipos.

A saída darase desde Pontevedra cunha primeira etapa ata Redondela, para despois continuar ata Tui (etapa 2), A Lama (etapa 3), de novo Pontevedra (4), Moraña (5), Vila de Cruces (6), Cerdedo (7) e finalizar de novo na cidade de Lérez (8).

Na súa primeira edición, ao tratarse do mes de setembro, a participación aínda que de gran nivel esta por baixo do esperado, por iso para o próximo ano a organización anunciou que a súa intención é poder trasladar a proba ao mes de abril, sempre cun formato similar co que tentarán converterse nunha referencia a nivel nacional.

Fonte: Pontevedra Viva

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es