08 DE MARZO DE 2020
Preto de 400 participantes tomaron a saída na mañá deste domingo no Concello de Ames para a disputa da segunda proba puntuable para a Transgalaica2020. Se na proba de Cotobade o resultado de Anxo Lorenzo (Louriña Cycling Team) puido supoñer unha sorpresa, o seu triunfo de hoxe non fai máis que corroborar que é un dos ciclistas máis en forma do momento.
Certo é que a rotura de cadea de Javi Busto facilitoulle a vitoria, pero o resto de corredores non llo puxeron nada fácil. Acompañáronlle no podio Manuel Piñeiro e Manuel Casuso, segundo e terceiro respectivamente na liña de meta.
Na categoría feminina, a mosense Susana Alonso (Extol MTB Team) impúxose claramente por diante de Isabel Picoaga e Ana M. González.
Por equipos nova vitoria de Extol MTB Team en rifado duelo co Burgas Bike Team e MTC Team. O Concello da Estrada acollerá a seguinte cita do circuíto nunha xornada organizada pola P. C. Bikestrada o próximo 22 de marzo.
Fonte: Transgalaica
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es