Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Guillermo García, segundo no peche da Copa de España junior Cofidis en Peñafiel

07 DE AGOSTO DE 2017

Guillermo García, segundo no peche da Copa de España junior Cofidis en Peñafiel

Guillermo-Garcia-segundo-no-peche-da-Copa-de-Espana-junior-Cofidis-en-Penafiel

A calor, a esixencia do percorrido e, sobre todo, o vento marcaron a disputa do VII Trofeo Ayuntamiento de Peñafiel-Ruta del Vino Ribera del Duero, última cita da Copa de España junior Cofidis 2017. O marinense Guillermo García (Bathco) rematou segundo nunha xornada moi dura e nerviosa na que a sorte non acompañou aos corredores da Selección de Galicia. 

Na liña de saída concentráronse 180 ciclistas para afrontar os 123 quilómetros desta proba que transcorreu polas estradas da provincia de Valladolid. Cando tan so se levaban cubertos 4 quilómetros, tivo lugar unha caída masiva na que catro representantes do combinado galego se foron ao chan. O ourensán Abel Franco (Bathco) tamén se viu involucrado neste incidente. Malia que o percance acabou pasándolles factura aos corredores implicados, o balance da actuación da Selección de Galicia "en liñas xerais foi bo" para o seu técnico Guillermo Sande.

O vento foi seleccionando a cabeza da carreira e ao pé da subida final ao castelo de Peñafiel presentouse un grupo de oito unidades para xogarse a vitoria. Raúl Rota (Turismo Villanua) impúxose con 4 segundos de vantaxe sobre Guillermo García e Denis Vulcan (Cartagena). A 9:21, no posto 56, terminou Guillermo Mallo, único sobrevivente do combinado autonómico. Na xeral, Miquel López Moncho (Ginestar-ULBSports) proclamouse gañador da Copa de España junior Cofidis. 

Clasificacións

Foto: El Norte de Castilla

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es