Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Carlos Canal roza a vitoria con España na terceira etapa do Orlen Nations Grand Prix

27 DE MAYO DE 2023

O ciclista galego fixo gala da súa punta de velocidade para apuntarse o terceiro posto na localidade eslovaca de Strbske Pleso

Carlos-Canal-roza-a-vitoria-coa-seleccion-espanola-na-terceira-etapa-do-Orlen-Nations-Grand-Prix

O Orlen Nations Grand Prix, proba de cinco días que comezou en Hungría e concluirá en Polonia, chegou este venres a Eslovaquia e no final en Strbske Pleso o galego Carlos Canal estivo a piques de lograr unha vitoria de prestixio. O ciclista de Xinzo de Limia fixo gala da súa punta de velocidade e rematou terceiro defendendo as cores da selección española. Na xeral, a falta de dúas xornadas, o galego ocupa a décimo sexta posición nesta volta pertencente ao calendario da Nations Cup Sub23.

A etapa por territorio eslovaco, de 124 quilómetros e con inicio en Levoca, estaba marcada polo porto final que podía condicionar toda a carreira. A pesar dos intentos na primeira parte do percorrido por parte do combinado dirixido por Mike Zabala e doutras escuadras, a proba chegou controlada á subida final, onde Diego Uriarte logrou saltar a falta de 3 km, manexando unha renda nunca superior aos 15 segundos e sendo neutralizado a falta do último quilómetro, abocando a xornada a un esprint no que, a pesar de verse encerrado, Carlos Canal logrou concluír en terceira posición, só superado polo gañador, o italiano Francesco Busatto, e o esloveno Gal Glivar.

Décimo terceiro na primeira tirada e vixésimo terceiro na segunda, o limiao atopou en Eslovaquia a recompensa do podio e na xeral continúa como mellor clasificado de España, a 1'34" do líder, o danés Nikolaj Mengel. A partir deste sábado o Orlen Nations Grand Prix instalarase en Polonia. O sábado celébrase unha etapa de 129 km e o domingo terminará cunha de 145 km. 

Clasificación

Máis información

Fonte: RFEC

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es