09 DE MAYO DE 2025
Foto: Padronés-Cortizo
Gañador da Clásica de Pascua na apertura da Copa Galicia de Estrada desta temporada, Tomás Pombo estrearase a vindeira semana coa selección española Sub-23 de estrada. O corredor carballés do Padronés-Cortizo, no seu ano de debut na categoría, disputará a partir do mércores o G.P. Orlen, cita inaugural da Copa das Nacións. Esta carreira de catro etapas é unha proba clásica no calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI).
O seleccionador estatal Pascula Orengo convocou a Tomás Pombo e a outros cinco ciclistas para viaxar ata Polonia, onde o G.P. Orlen arrancará o mércores 14 de maio cunha tirada de perfil bastante quebrado entre Lancut e Jaslo. As outra tres xornadas compartirán final en alto en Arlamow, unha ascensión de 1,6 quilómetros ao 6,9%.
O combinado español medirase con algúns dos países máis potentes da escea ciclista mundial como Bélxica, Dinamarca, Alemaña, Colombia, Polonia, Austria, Francia, Gran Bretaña, Italia, Kazakhstán, Países Baixos, Portugal, República Checa, Eslovaquia, Noruega, Estonia, Luxemburgo, Eslovenia, Suíza, Suecia e Ucraína.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es